Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Wilson, de profesión actor secundario

“Náufrago” (La Sexta, 22:15 h.)

Sociedade 16/11/2010
  Envía a túa opinión

Se lle preguntamos a un lector pola súa illa favorita, seguramente sexa “A Illa do tesouro” de Stevenson; un militar habería preferir o pequeno penedo flotante coñecido como illote Pirixel; calquera persoa con idade para a festa escollerá Ibiza; un político con ganas de guerra diría as Azores, marco fotográfico excepcional para a posteridade da infamia; e se falamos de telespectadores, hai anos sería a “Illa de Gilligan”, pero agora non queda dúbida de que por sempre a predilecta será a illa de “Perdidos”, que o mesmo salta no tempo que no espacio e que aínda arestora non temos moi claro se en realidade forma parte dun arquipélago da tolemia e do absurdo. Illas hainas a mancheas, pero entre todas elas a totémica seguirá sendo a illa deserta, cuxa simple mención evoca no ser humano a idea da desaparición en vida e da loita pola supervivencia. Non se pode falar dos páramos de pedra e area no medio do océano sen facer a pregunta inevitable. Que tres cousas levarías a unha illa deserta?


Camarada!

“Louredo responde” (TVG, 22 h.)

Sociedade 15/11/2010
  Envía a túa opinión

Que “Padre Casares” era unha serie de culto sabiámolo dende o seu comezo, non en van trata das peripecias dun cura. O que non cabía sospeitar é que, ademais do culto relixioso no que se basea, acabase por orixinar un culto de seu, un rabaño chamado audiencia e que cando se fai incondicional adquire categoría de fregués ou fan. A devoción fanática exprésase das maneiras máis diversas: así como entre os crentes hainos que aseguran que o seu deus se comunica con eles por liña directa celestial, entre os seguidores da ficción televisiva adoita instalarse a crenza de que aqueles personaxes cuxas aventuras admiran semanalmente teñen unha vida independente do guión e que continúa mesmo cando se apaga o televisor. 


Algo farías

“Callejeros. Cárcel, la película” (Cuatro, 22.30 h.)

Sociedade 12/11/2010
  Envía a túa opinión

Cando aprendemos que o home era un lobo para o home, houbo que concibir medidas punitivas para os que andaban por aí trabando aos demais. Porén, co paso do tempo, podemos concluír que esta civilización nosa adoece de sofisticación, xa que só fomos capaces de discorrer dous tipos de castigo: a morte, que resulta unha grosería porque iguala á vítima co vilán, e o cárcere, que posto en perspectiva ten algo de ridículo. Os maiores criminais do mundo son reprimidos polo mesmo principio polo que se sanciona ás mozas de quince anos cando chegan tarde de máis a casa logo dunha noite de festa: castigados sen saír. Hai outras culturas que cren ter descuberto o segredo da xustiza salomónica e aplican a lei de Talión, e a aquel que rouban lle cortan a man, ao que escoita o que non debe a orella, e ao que comete adulterio... A ese, se é o home o aplauden e se é muller a lapidan. Máis probas de que a privación de liberdade, a vida como hámster doméstico, é o menos malo dos sistemas. Para o que resulta insuperable é para a creación cinematográfica, que inspirada na vida baixo sombra e a pan e auga inventou un xénero especial: o drama carcerario. 


Sen conserva

“Land Róber” (TVG, 22 h.)

Sociedade 11/11/2010
  Envía a túa opinión

Cada profesión ten os seus comodíns para gozo dos seus profesionais e traxedia da calidade do servizo. Os políticos descubriron, grazas aos asesores de comunicación, que con discursos baleiros e acenos controlados abonda para conquistar gobernos; os futbolistas están máis pendentes xa de botarse figuradamente á piscina antes que de buscar o gol; os funcionarios teñen o descanso de café, esa pausa que demostra que o tempo é relativo, pois o que para algún son 15 minutos, para o público que agarda pode ser unha hora; e os humoristas da televisión xa non coñecen o que é a agonía grazas as risas enlatadas. No momento en que naceu a industria conserveira da gargallada é que se deixou de confiar no xuízo crítico do espectador. Claro que traballar facendo rir é oficio de risco. Non debe resultar moi diferente de facer cóxegas: hai quen as ten e quen non. Pero como o esmendrelle adoita ter facultades contaxiosas, sempre hai algún home de posprodución introducindo risa de lata disposto a convencer ao público da televisión de que ten que rir e de que se non o fai ou ben resulta estúpido, porque non colleu o chiste, ou ben un snob, por resistirse ao contaxio. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros