O Slalom Scratch Fene cumpre doce anos. Un ano máis a proba decidirá o Campionato Galego de Slalom. A organización repartirá case un milleiro de euros en premios. Os adestramentos comezarán ás 12,30 do mediodia deste sábado dez de decembro no polígono industrial de Vilar do Colo. As mangas oficiais comezarán ás 18,30h.
Goles por unha boa causa. Unha selección da zona e o Racing recaudan dous mil euros para Parkinson Ferrol. Participaron os xogadores do Cultural Maniños, Pelé e Choche, nun combinado dirixdo por Juan Veiga, Stili e Jesús Pérez.
Despois de meter o gol, baixamos a intensidade e cunha falta ao borde da área o Meirás logrou empatar. Tras o descanso logramos volver coa tensión necesaria, chegábamos aos metros finais pero non chegabamos a crear ocasións claras. O Meirás á contra creaba perigo e nunha acción lle pitaron o penalty e xa non puidemos darlle a volta ao marcador. No partido de fútbol da Segunda Galicia, Perlio 1 - Meirás 2.
Unha derrota dura por un tanto a cero, sufriu o Maniños na súa visita ao Carral. O encontro da Primeira Galicia de fútbol semellaba encamiñado ao empate, sen grandes ocasións para ningún dos equipos. A defensa visitante cometeu un penalty inocente. Lanzou un xogador do Carral, co estilo Panenka, e foi contra o largueiro. Rematou outro dos locais ata o fondo das redes.