Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

O son da gaita inunda o Monte do Gozo

Sociedade 31/07/2010
  Envía a túa opinión

Máis de 60 bandas e arredor de 2500 músicos. Estas son as cifras da fase final a XX Liga Galega de Bandas de Gaitas que se celebra nesta xornada de sábado no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela. A cita está considerada o maior espectáculo gaiteiro do Estado e inclúese no Camiño da Música do Xacobeo.


Ana Pontón critica a política da Xunta no Ano do Libro

O BNG denuncia que a Xunta marxina a figura de Rosalía na súa programación cultural

Institucional 29/07/2010
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

No 125 cabodano do seu pasamento Rosalía de Castro é unha presenza “invisible” nos actos que organiza a Xunta. A queixa procede da deputada do BNG Ana Pontón, quen esta mañá se laiou do esquecemento oficial da “figura máis representativa das letras galegas”, un feito agravado pola consideración de 2010 como Ano do Libro e a Lectura.


Francisco Jorquera no stand de Radiofusión en Santiago de Compostela

Francisco Jorquera: “Queren socializar as perdas do sector privado para que paguemos todos”

Sociedade 25/07/2010
  Envía a túa opinión

Sen ambaxes: “A situación é indecente”, resolve o voceiro do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, verbo das políticas anticrise que veñen executando os gobernos, nomeadamente o español. “No Estado español se comprometeron máis de 100.000 millóns de euros de recursos públicos para rescatar o sector financeiro, mentres que familias e autónomos teñen dificultades para acceder ao crédito”, declara como exemplo. De resultas disto, un aviso: “Vexo moi difícil ter acordos co Partido Socialista no Congreso. Nos grandes temas as diferenzas son cada vez máis grandes e é moi difícil que de aquí a final de lexislatura haxa acordo en temas de gran calado”.


Guillerme Vázquez

Guillerme Vázquez: “O PP non ten moitas ganas de modificar o Estatuto”

Sociedade 25/07/2010
  Envía a túa opinión

“Non vou descoñecer que hai unha dificultade evidente”. Pouco entusiasmo hai nas palabras do voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, cando se lle require polo debate da reforma estatutaria que a Xunta pensa abrir no vindeiro outono. Eses atrancos que desaniman ao líder nacionalista teñen nome: PPdeG. Vázquez acusa aos populares de frustrar na pasada lexislatura que Galicia tivese un Estatuto de nación e de non ter interese en manter a Galicia “na primeira división do Estado”. “Daremos o debate e logo veremos o que sucede”, resígnase.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros