Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Francisco Jorquera no stand de Radiofusión en Santiago de Compostela

Francisco Jorquera: “Queren socializar as perdas do sector privado para que paguemos todos”

Sociedade 25/07/2010
  Envía a túa opinión

Sen ambaxes: “A situación é indecente”, resolve o voceiro do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, verbo das políticas anticrise que veñen executando os gobernos, nomeadamente o español. “No Estado español se comprometeron máis de 100.000 millóns de euros de recursos públicos para rescatar o sector financeiro, mentres que familias e autónomos teñen dificultades para acceder ao crédito”, declara como exemplo. De resultas disto, un aviso: “Vexo moi difícil ter acordos co Partido Socialista no Congreso. Nos grandes temas as diferenzas son cada vez máis grandes e é moi difícil que de aquí a final de lexislatura haxa acordo en temas de gran calado”.


Guillerme Vázquez

Guillerme Vázquez: “O PP non ten moitas ganas de modificar o Estatuto”

Sociedade 25/07/2010
  Envía a túa opinión

“Non vou descoñecer que hai unha dificultade evidente”. Pouco entusiasmo hai nas palabras do voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, cando se lle require polo debate da reforma estatutaria que a Xunta pensa abrir no vindeiro outono. Eses atrancos que desaniman ao líder nacionalista teñen nome: PPdeG. Vázquez acusa aos populares de frustrar na pasada lexislatura que Galicia tivese un Estatuto de nación e de non ter interese en manter a Galicia “na primeira división do Estado”. “Daremos o debate e logo veremos o que sucede”, resígnase.


Un gran bandeira abriu a marcha do Dia da Patria Galega

Os nacionalistas explican a súa solvencia en Compostela

Sociedade 25/07/2010
  Envía a túa opinión

Unha bandeira galega coa estrela roxa de 5 puntas de 80 metros cadrados abriu a manifestación multitudinaria que esta mañá percorreu as rúas céntricas de Santiago de Compostela. Con ese acto, o Bloque Nacionalista Galego conmemorou o Dia da Patria Galega. O voceiro do BNG Guillerme Vázquez acusou a Núñez Feijóo e ao Partido Popular de ser "forte cos débiles e débil cos fortes" calificando a súa xestión ao fronte da Xunta de Galicia cun suspenso, "como suspende na defensa dos intereses xerais de Galicia. Que durante a Presidencia semestral da UE o sector naval, o lácteo, o da pesca son esquecidos? Pois nín Pío en Monte Pío". Na manifestación participaron 20.000 persoas, segundo a organización, entre 10.000 e 15.000 para a Policía municipal.


Xabier Macias no stand de Radiofusión

O Festigal pensa xa na súa décima edición

Cultura 24/07/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Susana Seivane, Bellón Maceiras Quinteto e O'Questrada (Portugal) actuarán ás 10 da noite deste domingo no marco do Festigal, o festival da cultura galega organizado pola Fundación Galiza Sempre e Galiza Nova no campus sul de Santiago de Compostela. Nesta noite de sábado actuarán Os Cuchufellos, Galegoz, Banda Potemkin e Santa Macairo Orkestar (Franza). A organización agarda a visita dunhas 20.000 persoas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -193 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros