Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Do cantor de jazz á cantante de copla

“Imprescindibles: Concha Piquer” (La 2, 22 h.)

Cultura 04/11/2010
  Envía a túa opinión

Tanto falar de televisión fíxome pensar na miña posible e frustrada carreira no medio. Puiden acceder por dúas vías. A primeira, presentando un Telexornal, pero hai a quen lle quedan bastante mellor as americanas e quen dá a necesaria imaxe de seriedade mellor ca min. Daquel proceso de casting lembro saír apurado de San Marcos para coller o Castromil de volta á Coruña sen tempo a quitar o quilo de maquillaxe que me puxeran na cara para a proba no plató. Se cadra perdín un futuro como Peter Jennings galego, pero tamén podo presumir de que conservo un cute precioso, non estragado pola cosmética televisiva. A miña outra vía, sempre o penso, foi aparecer como neno prodixio en “Menudas Estrellas”, resistíndolle o alento a xenebra a Bertín Osborne antes de cruzar a fumareda transformadora para aparecer convertido en Manolo Caracol cantando copla.


Desesperada

“El Hormiguero: Marta Sánchez” (Cuatro, 21:30 h.)

Sociedade 03/11/2010
  Envía a túa opinión

O seu sería falar da parodia política argallada por Telecinco e titulada “España pregunta, Belén Responde”, na que a diva de San Blas, agora mudada a un chalé de luxo, responderá á súa millonaria afección á maneira na que os líderes admiten o contacto co vulgo a través de “Tengo una pregunta para usted” e outros formatos similares. Pero referirse de novo á devoradora de audiencias sería caer na repetición, que é un mal cotiá se falamos da televisión, pero tamén común a outros fenómenos de masas como a música popular. Sabemos que o pop se sostén sobre estadas sinxelas que se reformulan unha e outra vez con diferentes vernices para ofrecer a necesaria imaxe de novidade. As cancións de hoxe non están tan lonxe das que facía Elvis hai medio século, pero aínda se valora a imaxinación de aqueles que tentan achegar un toque de distinción aos seus temas. É por iso que a morte dun artista popular vén certificada cando non é quen de parir un novo éxito e ten que refuxiarse na reciclaxe do que lles procurara o éxito hai anos. As radiofórmulas non dan abasto con tanta vella gloria disposta a vender discos con versións propias remasterizadas, remesturadas ou redestrozadas, ou o que é peor, con versións alleas ás que nada ofrecen. Caen un detrás doutro. A última, Marta Sánchez, que visita “El Hormiguero” para presentar -sorpresa!- un disco de duetos dos seus grandes éxitos, nome longo de máis para algo que se podería resumir en epitafio musical.


Ao fondo, Heidi rola monte abaixo

“Españoles en el mundo: Suiza” (La 1, 23 h.)

Sociedade 02/11/2010
  Envía a túa opinión

A Suiza, dende o cinismo, ninguén a describiu mellor que o personaxe de Orson Welles en “El Tercer Hombre” cando, con música de cítara de fondo, levou ao absurdo a perenne neutralidade do país central entre os de Europa: “En Italia, en trinta anos de dominación dos Borgia, houbo guerras, matanzas e asasinatos. Pero tamén Miguel Ángel, Leonardo e o Renacemento. En Suiza, pola contra, tiveron cincocentos anos de amor, democracia e paz. E cal foi o resultado? O reloxo de cuco!”. Así, aburrida, sen grandes momentos de gloria no desenvolvemento da historia da humanidade pintamos aos suízos, que só desatan paixóns cando nos referimos aos doces homónimos. Convertido o país en caixa de aforros mundial grazas a unhas condicións que para si quixera a Conta Laranxa de ING Direct, ben sabían os seus dirixentes que a decisión máis sensata no medio do belicoso continente era erguer a bandeira branca, non meter baza e colaborar amistosamente cos botíns de guerra abrindo a porta dos seus bancos. Os máis afoutos soldados que se lles coñecen son a Garda Suíza, os grupos de operacións especiais do Vaticano, e non hai máis que ver como visten, como sacados dalgunha pintura de El Greco, para comprender a súa admirable renuncia ao combate. 


LeBron ou como facer chorar a un home

“NBA: Miami Heat – Orlando Magic” (Cuatro, 3:10 h.)

Sociedade 29/10/2010
  Envía a túa opinión

Agás Arturo Pérez Reverte, o home co lacrimal de aceiro, máis seco que  o regato dun río andaluz en verán, o xénero masculino non é inmune ás bágoas. Varios son os motivos que o poden conducir ao pranto desconsolado, pero entre os que remexen as tripas como ningún outro e o deixan cun desamparo sen acougo, poucos como os que trae consigo o fanatismo deportivo. Os homes estamos dispostos a que nos deixe unha moza porque respectamos o libre albedrío, pero un contrato cun club deportivo é mefistofélico, ten que atar a alma de por vida e non se pode rachar. Aquelas cacholas de porco que lle guindaban a Figo cando xogou vestido do Real Madrid na súa antiga casa, o Camp Nou, eran como ramos de flores dun amante traizoado e desesperado. Pensar hoxe en que Messi ou Cristiano Ronaldo poidan deixar os seus equipos abonda para facer a un home dar voltas na cama toda a noite. E iso no fútbol, onde un home só dificilmente pode decidir un éxito colectivo. Con menos pezas, esa capacidade determinante resulta maior no baloncesto. Por iso, despois do affaire Tiger Woods, non hai historia de decepción máis grande no deporte estadounidense que a renuncia da máxima estrela da competición da NBA, LeBron James, a seguir xogando co seu equipo de sempre e do seu estado natal, Cleveland. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros