Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Xullo de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Quen dixo artrite?

“REC: Superabuelos” (Cuatro, 00.45 h.)

Sociedade 22/10/2010
  Envía a túa opinión

Segundo o círculo da vida, a única condición familiar que o ser humano pode escoller (e non sempre) é a de pai ou nai. O resto, veñen por imposición. Es fillo porque outros decidiron invocarte a través de prácticas gozosas, e faste avó porque outros se volven aplicar a esas mesmas prácticas. Así como a paternidade chega ás veces sen avisar, como demostran os moitos especiais sobre nais adolescentes de “El Diario de Patricia”, a capacidade de escolla desaparece cando deciden inscribirte no club dos veteranos da vida e empurrarte cara o lado para ir facendo sitio á xente nova. Dá toda a impresión de que ser avó é un oficio totalmente distinto agora a hai trinta anos. Antano abondaba con transmitir unha certa imaxe de venerabilidade e ter unha farmacia de bondade aberta as 24 horas para calmar o espírito da prole sucesoria. Unhas moedas para lambonadas e algún tempo libre para atender aos netos en casos excepcionais e a folla de servizos cubríase axeitadamente. Hoxendía existe o convencemento case naturalizado de que aos avós lles conveñen profesións de adolescentes. A terceira idade é a nova primeira idade: cómpre ser áxiles, dinámicos e xoviais como os de 18 anos e, sobre todo, non está de máis traballar en tarefas dos 18 anos, por exemplo, facer de canguro. A senectude é a nova xuventude, proclámase por pura comenencia da xeración intermedia. 


Viva Chile, meeeerda!!!

“Operación Chile: la voz de los mineros” (Antena 3, 22 h.)

Sociedade 21/10/2010
  Envía a túa opinión

Picando pedra levo tempo eu con Roberto Bolaño, lendo engorde ese río de páxinas que se chama “2666” e no que un se deixa levar gozoso, non sabe moi ben cara onde. La 2 dedícalle esta noite o seu programa “Imprescidibles”, pero unha circunstancia particular non pode agochar o feito de que se hai chilenos esta noite na televisión, o interese popular estará cos que sobreviviron ao soterramento en vida. Sabíase que a cousa, se non o era xa, ía rematar en show de consumo masivo en canto o presidente Piñera clausurou o rescate co berro “Viva Chile, mierda!” e logo comezou a entoar rumoroso e coa mesma graza co que un barra brava canta as cancións apócrifas do seu equipo o “Puro Chile”. Así que aquí estamos, os mineiros fóra, a audiencia expectante, e as produtoras de televisión poxando como se Sotheby's puxese á venda a Mona Lisa, deixando a vida, as expectativas de share e os millóns no intento. Como punto de partida dunha xira que será lucrativa no pecuniario, veremos se no persoal, os mineiros chilenos, en pack de catro como a cervexa, aterran en Antena 3.


Hai outras vidas e están nesta

“El Palestino: historia de un infiltrado” (Antena 3, 00 h.)

Sociedade 20/10/2010
  Envía a túa opinión

No mundo sobran impostores. Vellos que van de novos, novos que van de vellos, carcas que van de progres, progres que son uns carcas, agresores que pasan por vítimas e así podemos pasar todo o día. Co moito que nos gusta aparentar, aínda hai reparos para facelo con verdadeiro convencemento por ese apego que lle temos á identidade. Non concibimos cousa que dea máis medo que perder o que nos distingue, non ser recoñecibles a ollos dos demais, porén si nos imaxinamos de cote sendo quen non somos. Para vivir esa ilusión hai toda unha ampla farmacoloxía de drogas que as disciplinas médicas e as adegas veñen elaborando dende tempo inmemorial. Mais tras pasar un tempo fóra da propia pel, axiña queremos recuncar ao refuxio da imaxe persoal e intransferible. Hai diferenza entre travestirse por unha noite ou coller unha melopea nunha festa e entre facer un oficio de vivir como outro. Este tipo de historias infrecuentes teñen éxito: velaí están os infiltrados da policía cos que Scorsese gañou un Oscar, ou os xornalistas que son tan noticia como a materia da súa investigación. Entre estes, o máis famoso do momento é Antonio Salas, seudónimo baixo o que se agocha o verdadeiro autor do documental que esta noite estrea Antena 3. 


Agatha Christie non levaba piercing no nariz

“Millenium: los hombres que no amaban a las mujeres” (Cuatro, 22:30 h.)

Sociedade 19/10/2010
  Envía a túa opinión

Entre ler o libro ou ver a película, sempre ver a película. Sobre todo se o libro pesa o suficiente para mellorarnos a musculatura do trapecio mentres o sostemos entre as mans. Con toda a produción literaria que se dá ao prelo cada ano, ao reservar parte das horas da semana á lectura cómpre ter un sistema de discriminación arbitraria para non morrer agoniado pola finitude das nosas horas de vida e da capacidade dos nosos miolos, que nunca serán capaces de darlle abeiro a tanta e tanta palabra impresa que, aínda que posta en tinta para a posteridade, está tan condenada ao esquecemento como unha conversa intranscendente. Así, hainos que non len ciencia-ficción, outros que pasan dos autores arxentinos, están os que só queren manuais de cociña, o club de fans do negro de Ana Rosa Quintana e os que, como no meu caso, discriminamos polo peso. Tiven relacións que duraron menos que o tempo que me foi preciso para ler algunha saga decimonónica, así que, mentres poño a cara máis intelectual da que son capaz cando remexo entre os andeis das librarías, ao soster un libro nas mans non é que estea mirando ao detalle os comentarios da solapa ou comparando co resto da bibliografía do autor, non. Como cando che dan o friame cortado e colles o paquete na man para ter unha intuición de canto representan no espazo e no tempo 150 gramos de peituga de pavo sen salgar, así eu collo os volumes, miro o número de páxinas fago un cálculo en horas e en paciencia lectora, e despois dou a volta e volvo comprar unha pequena noveliña de misterio desas do Padre Brown.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros