Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Xullo de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Portada de “Nunca taxi”

Misterioso Viaje Holanda debutan con “Nunca taxi”

Cultura 15/06/2010
  Envía a túa opinión

Co concepto clásico de canción como bandeira, a banda coruñesa Misterioso Viaje Holanda preséntanos o seu debut. O álbum leva por título Nunca taxi, unha expresión arxentina que indica que algo é fresco e de boa calidade. Unha boa maneira de chamar a un disco no que levan traballando dous anos e que agora ve a luz baixo o selo Ernie Records e tras pasar polos Estudios Abbey Road de Londres para súa masterización. Nunca taxi foi producido e gravado polo quinteto nos Estudios Bruar da Coruña e na Fnac da cidade herculina presentarase ao vivo o vindeiro 3 de xullo.


Foggy Mental Breakdown, Born a Lion, Skarmento e Los Chavales no Rock en Costa

Cultura 11/06/2010
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

O Centro Sociocultural do Castiñeiriño, en Compostela, acolle este sábado, a partir das dez da noite, a novena edición do Festival Rock en Costa. Unha cita que un ano máis nos achega catro propostas, tres galegas e unha portuguesa, seguindo coa súa aposta por aproximar a música da nosa terra e a do país veciño. A Asociación Xurásica, organizadora da cita, amosa ademais que os barrios poden ser motores culturais das cidades e faino a ritmo dos vigueses Foggy Mental Breakdown, Born a Lion de Leiria (Portugal), Skarmento desde Donramiro e os santiagueses Los Chavales. O Rock en Costa coincide un ano máis coas festas do Castiñeiriño. Polo tanto, unha oportunidade para achegarse a esta zona de Compostela e complementar propostas de lecer. A entrada para o festival é de balde.


Eva Moreda

A plasmación do movemento feminista do Londres dos anos 60 e 70

Cultura 10/06/2010
  Envía a túa opinión

Un percorrido pola inmigración galega en Londres nos anos 60 e 70 constitúe o fío conductor de “A Veiga é como un tempo distinto”, a novela que se alzou este ano co premio Terra de Melide. A súa autora é a filóloga ribadense de 29 anos, Eva Moreda. O galardón está dotado con 60 mil euros e a publicación da obra por Edicións Xerais. A frescura e a modernidade da novela fíxolle merecedora do galardón entre as 25 obras presentadas ao certame segundo o xurado.


Fernando F. Rego repásanos “50 anos de pop, rock e malditismo na música galega”

Cultura 09/06/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Toxosoutos vén de publicar a obra 50 anos de pop, rock e malditismo na música galega. Un libro e dobre CD que arrinca en Los Tamara e remata nas bandas que máis están a dicir no xénero na actualidade. En total, 72 formacións das que o ferrolán Fernando Fernández Rego repasa a súa biografía e discografía. Recensións que se ven completadas cos comentarios e reflexións de especialistas na materia como Xavier Valiño, Xosé Manuel Pereiro, Emilio José, Rubén Coca e Raúl Alonso. 50 anos de pop, rock e malditismo na música galega preséntase este venres, ás oito da tarde, no Pazo das Musas de Compostela. Tras o acto actuará a banda de Valga Noise Project que presentará Asuntos que se resolven co tempo.

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -193 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros