Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Moi capaz de falar, tamén de escoitar?

“Humanos y Divinos” (TVE, 23.15 h.)

Sociedade 04/10/2010
  Envía a túa opinión

De todos os xéneros do xornalismo, é á entrevista á que máis costa encaixala nunha fórmula que garanta o éxito. Dise que hai moitos tipos de entrevista, mais o cerne do asunto está máis ben en que hai moitos tipos de entrevistados e de entrevistadores, o que resulta un circunloquio para expresar o que a sabedoría popular xa concentrou na frase “cada persoa é un mundo”. Cando se trata de conversas en profundidade, hainos que prefiren que o inquisidor teña unha personalidade forte para sacar coa vehemencia de dentista as verdades que o preguntado oculta na boca. Outros preferirían que se apagase o foco que apunta ao anfitrión para non roubarlle ao protagonista verdadeiro, ao que dá respostas, a atención que merece. Os que sexan desta última tendencia non amosarán interese en “Humanos y Divinos”, o novo espazo de entrevistas que estrea Televisión Española e que ten por interrogador amable a Boris Izaguirre. Non é que o divo venezolano resulte agora Oriana Falacci, pero tampouco foi nunca a contención o seu sinal de identidade e, horas antes das primeiras conversas con Raphael e Álex de la Iglesia, moi capaces eles tamén do histrionismo, un xa sospeita de que vai rematar por saber máis do propio Izaguirre, a quen non se lle coñece rival no capítulo de chamar a atención, que dos seus conviados. 


“Ti a levas”

“21 días en el vertedero” (Cuatro, 23:35 h.)

Sociedade 01/10/2010
  Envía a túa opinión

Entre as ideas máis fascinantes arredor da preocupación polo coidado do medio está a da pegada ecolóxica. Os humanos xa sabemos que somos reciclables: po es e en po te has converter, aprendéronnos no catecismo. Como moito, xa putrefactos, cando non incinerados, habemos ficar tan só nuns osos para que roian os animais. Pero así e todo, deixamos rastro tras de nós con cada unha das decisións que tomamos, contaminando e ocupando espazo no planeta. Como o escaravello peloteiro, fascínanos amorear cousas. As persoas xa somos máis as nosas circunstancias que nós mesmos, porque nos definimos a través da posesión de obxectos e tamén da decoración, xa sexa propia ou dos nosos fogares. Para seren tan pouca cousa, cando desaparecemos deixamos lixo a eito para encher varios camións de mudanzas, só que eses cousas non se reciclan: van parar ao vertedoiro. A xa mítica reporteira Samanta Villar sabía o que había e marchou a tempo, e agora o programa de intromisión chamado “21 días” volve a Cuatro cunha nova presentadora: Adela Úcar. A ela lle tocou vivir tres semanas entre moreas de merda nun dos maiores vertedoiros do mundo, que por moito que digan meus pais non é o meu dormitorio, senón o depósito da varredura de La Chureca, en Nicaragua. 


A letra con sangue entra

“Cómo hemos cambiado” (TVE, 00.30 h.)

Sociedade 30/09/2010
  Envía a túa opinión

A gran diferencia de Televisión Española respecto do resto de cadeas de televisión é que ten memoria. Ademais da responsabilidade inherente á condición de servizo público, ese fondo de imaxes recompilado durante décadas outórgalle un aire venerable, de avó, mentres que as canles privadas e as da TDT están como moito na puberdade ou, directamente na infancia, e se cadra é por iso que se comportan como trasnos revoltosos. Se nunha sorrí con aire de miñaxoia Anne Igartiburu, e nas outras prende os estudios en chamas cos seus accesos de carraxe Belén Esteban, ás veces pódese pensar que son cousas da idade das televisión. Como a crise chega a todas partes, e na televisión resulta un fenómeno consubstancial dende hai anos, precísanse programas económicos: velaí a proliferación de faladoiros que orbitan sobre nada que non sexa o odio político nos programas das múltiples cadeas conservadoras da TDT, ou en calquera programación os espazos de zapping e retallos vellos de imaxes, editados con curiosidades e/ou trompadas, e presentados como un exercicio de intertextualidade, aínda que se cadra cabería dicir de vagancia. Se alguén pode facer programas tirando de arquivo e darlles algo de chicha é, por unha cuestión de antigüidade, TVE, que esta noite estrea outro. 


A corrupción política como deporte

“Enemigos Íntimos” (Telecinco, 22 h.)

Sociedade 28/09/2010
  Envía a túa opinión

O deporte forma parte da idiosincrasia dos pobos, cada un deles con xogos nos que é potencia. Velaí están os países nórdicos co curling, Inglaterra e as súas colonias emancipadas co cricket ou Galicia coa billarda. Logo existen disciplinas con predicamento internacional, como o alpinismo que, se falamos con propiedade, non abrangue todas as escaladas de montaña. Se viaxamos do centro de Europa cara Asia, mudando de cordilleira, entón o deporte ten que chamarse himalaiaísmo. En España desenvolveuse outra interpretación particular deste modo de vida: é o malayismo, e refírese á escalada de moreas e moreas de lixo, de bolsas para a varredura cheas de diñeiro negro que permiten, a quen sexa capaz de remontalas até o cumio, chegar ao máis alto da escala social.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros