Envía a túa opinión
Dende a Alhambra de Granada, Montana (USA), Patagonia, Dublin, París, numerosos IES e colexios, en diferentes idiomas. As colaboracións chegadas en forma de video á iniciativa Vitaminas17, lanzada polos medios de comunicación en galego, convertiron a proposta nun éxito da sociedade galega.
Envía a túa opinión
Exposicións, concertos musicais, espectáculos de circo e un recital poético conforman a programación solidaria Palestina ten nome de Muller, posta en marcha pola Concellería de Igualdade de Ourense e o colectivo galego Pallasos en Rebeldía. Este proxecto, que se desenvolverá ata o 14 de xuño na Cidade das Burgas, fai fincapé, segundo explican os organizadores, “no papel da muller nun conflito complexo e nunha sociedade historicamente machista”.
Envía a túa opinión
Os traballadores de Navantia volverán á rúa. Celebrarán unha nova mobilización o 22 deste mes. Nesa xornada, sobre as dez da noite sairán autobuses en dirección a Madrid co fin de reunirse con directivos da SEPI. Á viaxe, os comités de empresa do estaleiro público convidaron a alcaldes e portavoces de grupos municipais dos 21 concellos asinantes do manifesto en defensa do naval da ría de Ferrol, así como a delegados da industria auxiliar. Unha vez se celebre esa reunión, non confimada aínda pola SEPI, informarase os traballadores das factorías de Ferrol e Fene, que se concentrarán o día 23 en asembleas, sobre o resultado da mesma.
Envía a túa opinión
Meu pai ten un trofeo nun andel do salón. Nada importante, nin que pague a pena levar en caso de necesidade a un monte de piedade, sobre todo porque non é de ouro, senón de metacrilato. Foi un chiste, un agasallo dos seus compañeiros pola xubilación. Consiste nunha copa ao campión en lonxevidade no posto de traballo. Botou máis décadas el facendo o seu oficio das que eu levo vivido. Así que se cadra non hai que tomar á lixeira o agasallo. Ben mirado, merecería unha vitrina de seu, por exemplo, no recentemente estreado Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía na Coruña, apropiadamente rebautizado para esa ocasión como Museo de Ciencia Ficción. Só nesa categoría cabería inscribir unha vida laboral tan extensa que, consonte ao ritmo dos acontecementos, ben podería chegar a duplicar a que eu poida acumular na miña traxectoria. Unha crise económica é o que media entre considerar 40 anos de traballo continuado unha condena ou unha quimera. O novo mercado de traballo, sustentado nunha liña descontinua de contratos precarios temporais, fai que eses rexistros sexan propios, unha vez máis, da ficción. Por iso puidera ser que só o doutor Vilches teña opcións de superar a marca de meu pai.
Envía a túa opinión
Representantes da Plataforma unitaria Queremos Galego comparecían esta mañá en conferencia de imprensa para denunciar a actitude do concello de Santiago que, con tan só 48 horas de antelación á manifestación convocada para mañá, Día das Letras Galegas, comunicaba a denegación dos permisos necesarios para o normal desenvolvemento da mesma. Isto obrigou a plataforma a presentar un recurso pola vía de urxencia no contencioso-administrativo. A xustiza concedeu todas as autorizacións pertinentes.
Envía a túa opinión
O 20 de marzo de 1963, a Real Academia Galega, presentou unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recoller o latexo material da actividade intelectual galega".
Esta conmemoración chegou a Fene , no mesmo ano 1963, da man do Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene e impulsada por Xosemaría Pérez Parallé quen organizou a “Ruta da Primavera”, un amplo programa de conferencias e actividades en homenaxe a Rosalía de Castro. O CMI ven conmemorando ininterrompidamente a data pero ao longo deste tempo se sumou o resto do movemento asociativo fenés.