A Maratón de lectura "Fene lendo mulleres" é a maneira que escolleu este municipio hai xa dez anos para dar voz ás mulleres no Dia Internacional da Muller, o 8 de marzo. Antes denominóuse "Mulleres lendo a mulleres" pero nos últimos anos cambiouse para que poidan participar os escolares- nenos. Era unha demanda dalgún dos centros escolares que tomaron como unha discriminación a exclusión dos varóns.
A Concelleira de muller e benestar de Fene, Rocío Rey, inaugurou ás 9 da mañán a maratón de lectura “Fene lendo mulleres” nas dependencias da Biblioteca municipal de Fene. Deu lectura ao Manifesto escrito neste ano 2010 pola poeta Dulce López Rivera, diante dos alumnos e alumna do Colexio A Xunqueira de San Valentín, os máis madrugadores este ano.
Máis de 100 homes e mulleres achegáronse pola biblioteca municipal Pérez Parallé, e participaron no marathón de lectura Fene lendo mulleres organizado pola concellería de Dinamización Social e Igualdade de Fene ao longo do dia de onte. Unha representante dunha entidade leu un texto de fondo contido erótico explicando en detalle as relacións dun fotógrafo e a súa modelo. Unha concelleira leu un fermoso fragmento en defensa da lingua galega de Sechu Sende. Foron algunhas anécdotas dunha xornada que rematou con éxito.
A concelleira de Benestar e Igualdade de Fene, Rita Couto, abría ás 9 desta mañán o IX Maratón de Lectura “Fene lendo mulleres” na biblioteca municipal fenesa. Diante dos alumnos e alumnas do colexio A Xunqueira, o primeiro turno en ler esta mañán, explicou o porqué do 8 de marzo e agradeceu a todos os centros escolares a sua participación.