¿Onde reside a seducción...?

¿Onde reside a seducción...?

04 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Esta é a pregunta que plantexamos esta semana no espazo “Falemos de sexo” de Radiofusión. Segundo a psicóloga do Centro Quérote de Ferrol, “a seducción é unha habilidade persoal, un exercizo de enxeño e imaxinación, ademais dunha práctica de empatía coa persoa coa que se pretende mocear”.

Para Nuria Roibás, a seducción reside no feito de que dúas persoas entren en relación. A partir de aí, existen moitas e diversas maneiras de captar a atención da persoa obxecto de desexo: co sorriso, cunha ollada, amosando interese cara ela, eloxiándoa, actuando con naturalidade... e, sobre todo, tendo paciencia e tenacidade.

No programa desta semana, a psicóloga do Centro Quérote explicou que a seducción adoita ser un proceso longo que require de tempo e capacidade de espera. Neste senso, “quen seduce soe observar, coñecer ao seu obxecto de desexo, e pouco a pouco vai empregando distintas estratexias para cautivalo”.

Neste proceso, segundo Nuria Roibás, son elementos fundamentais unha boa autoestima e capacidade comunicativa.

Sociedade