¿Qué lle pasa ao Galicia de Mugardos?

¿Qué lle pasa ao Galicia de Mugardos?

14 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Ao Mugardos cústalle coller o ritmo á categoría. Recén ascendido á Preferente Norte, o conxunto da Pedreira leva tres derrotas consecutivas pero o seu xogo alberga esperanzas. Será cuestión de tempo. Mentres tanto no club mugardés esperan que os 0 puntos e ser penúltimos da táboa non incidan notablemente na cuestión anímica do grupo.

Onte o equipo xogou ben e dominou a situación pero o Xove Lago levouse o partido grazas a marcar un gol. Goles son amores e finalmente o fútbol defínese polo número de goles anotados a favor. No primeiro partido o Mugardos caeu ante o conxunto de As Pontes por 1 a 2. No segundo enfrentamento o equipo de Cata perdeu ante o Flavia de Padrón por 2 a 0 e no terceiro encontro de novo derrota ante o Xove Lago.

Deportes