¿Quén é Alfonso Gómez Rivas?

¿Quén é Alfonso Gómez Rivas?

08 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A porta do Perlío xa está cuberta, polo menos mentres Chechu continue de baixa. O novo dono da porteria fenesa chámase Alfonso Gómez Rivas e ten 33 anos de edade. Xogou con 19 anos no Racing Vilalbés de Terceira División e tiña un futuro que prometía. Unha grave lesión de xeonllo levouno por tres veces ao quirófano e retirouno do fútbol. Agora aos seus 33 anos de edade volve a xogar por compromiso. O seu curmán o xogador do

Quén tivo retivo. Alfonso ten fundamentos e principios apuntábanos o míster Tito Dopico o domingo despois do adestramento. Alfonso Gómez comprometeuse a viaxar todos os domingos para xogar co Perlío. O novo gardarredes vive e traballa en Santiago e non pode asistir aos adestramentos. Para Tito Dopico isto é “circunstancial” xa que o importante é que está cuberta a porteria mentres Chechu segue de baixa. ¿Qué sería de Alfonso se a mala sorte da lesión non se cruzará no seu vieiro?, pois seguro que faría carreira no fútbol. Comezou nos cadetes do Racing Vilalbés e subeu de categoría ata os modestos. Co primeiro equipo da Terra Chá ascendeu de Preferente Autonómica a Terceira División. No primeiro ano nesta categoría, Alfonso con 19 anos era o porteiro titular. A partir de aquí chegou a lesión e truncou todas as esperanzas deste deportista.

Deportes