¿Somos Pepitas as ferrolás?

¿Somos Pepitas as ferrolás?

19 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

La ronda sale a la calle / en esta noche especial. / Va cantando sus canciones, / va rondando los balcones, / no parará, hasta encontrar... / a esa mujer tan bonita, / de semblante sin igual. A letra de Carlos Noche, nas voces da rondalla Lucero del Alba de Neda foi unha das que soou e resoou a pasada noite polas rúas céntricas de Ferrol.

As rúas e bares do centro da cidade enchéronse de música como antano. Porque ese era o seu sitio orixinal, segundo Juan José Rodriguez de los Rios, quen máis sabe desta tradición como amosa no seu libro “La noche de las Pepitas” . Califica esta noite da vispera de San Xosé como única e que ninguén logrou copiar. Segundo Rodriguez de los Rios, a cita tivo unha crise importante despois da guerra da que non se recupera ata os anos 80.

 

Sociedade