Á calor das castañas en Ordes

Á calor das castañas en Ordes

09 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes organiza o próximo sábado día 13 de novembro o tradicional magosto popular para veciños e visitantes do municipio. A celebración comezará a partir das 17 horas na Alameda ordense. Haberá unha degustación gratuíta de castañas para todos os asistentes. Unha festa con carácter gastronómico na que non faltará a diversión nin tampouco a boa música que terá como protagonista á

O concelleiro de Cultura e Deporte, José Ramón Vázquez Raña, quixo facer un chamamento para este acto animando a todos os veciños a que participen, “animo tanto a veciños e veciñas como a visitantes do municipio a que se sumen a esta iniciativa que ademais de servir de entretemento para todos, conmemorará unha das festas gastronómicas máis típicas desta época do ano, o magosto, con castañas para todos e música para disfrutar da xornada”.

Sociedade