Á gaita galega fáltalle visibilidade, segundo Raúl Galego

Á gaita galega fáltalle visibilidade, segundo Raúl Galego

21 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O sabado 25 o escenario de Agarimo ocuparano as gaitas e a homenaxe ao gaiteiro Raul Galego, por obra e gracia da Banda de Gaitas tradicional “Airiños de Fene”. Con Raul Galego falamos deste recoñecemento ao que el acudiu nalgunha ocasión para acompañar a outros homenaxeados. Agora tocoulle a el.

Raul Galego chegou a formar parte, na sua carreira musical de ata 50 grupos, xa sendo membro deles ou colaborador ocasional. A pesar de tanta presencia que ten a música folk e a gaita no movemento cultural galego, Raul opina que forma parte dun mundo soterrado, fáltalle visibilidade, segundo nos explica. Dende que tiña dez anos Raul Galego quixo ter unha gaita e aprender a tocala. Custoulle tempo e dificultades pero aos 15 anos entrou en Cántigas da Terra na Coruña e o mundo cambiou para el. A XXVI Xuntanza de Gaiteiros de Fene comenzará o sabado próximo, ás 7,30h no salón de actos de Agarimo (Sillobre- Fene)

Sociedade