Ábrese o período de caza

Ábrese o período de caza
17 de Outubro, 2019 - 11:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O período hábil de caza en Galicia ábrese este domingo vinte de outubro. Non obstante, establécense excepcións para cada especie de caza menor e maior.

O xabarín era o animal totémico dos Andrade

Segundo a orde de vedas da Xunta de Galicia, o xabarín pódese cazar todos os sábados ata o 5 de xaneiro de 2020. Desde esa data e ata o 29 de febreiro poderá cazarse os xoves, sábados, domingos e festivos. Nas declaradas como zonas de emerxencia, pódese cazar todos os dias nas áreas dos TECOR. Ademais a Xunta pode autorizar a organización de batidas fora do período hábil de caza do xabarín, en zonas nas que se poida acreditar danos sobre explotacións gandeiras ou agrícolas causados por esta especie. Tense detectado sobre-abundancia do xabarín con danos en estradas e cultivos. O seu control é imprescindible para controlar a transmisión de enfermidades como a peste porcina africana. Pero diferentes entidades reclaman á Xunta de Galicia a elaboración dun censo de exemplares, como tarefa previa á adopción de calquera tipo de medidas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora