Ábrete de orellas e faite oír

Ábrete de orellas e faite oír

02 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O escritor monfortino Lois Pereiro recibirá unha homenaxe este sábado no local social de Narahío. Ás 23:00 horas comezará un concerto de Ondas Martenot que tocarán un repertorio con músicas que lle gustaban a Lois: Lou Reed, Parálisis Permanente, Radio Océano ou The Doors.

Ondas Martenot fórmano Antón Papaqueixos (baixo), Amil (batería), Cristina Sonoro Maxín (teclado) e o Leo e Arremecághona (guitarra e voz). Tras o concerto haberá concurso de galeoke con premios para os dous mellores.

www.facebook.com/ocastelonarahio

Sociedade