Álzase o pano da XXVII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

Álzase o pano da XXVII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

02 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

7 espectáculos conforman a XXVII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, con representacións repartidas entre Cangas, Aldán e O Hío, mesturadas entre rúas, prazas, auditorios e salas. A pesar dos recurtes económicos, a Mostra non resta valor as súas actuacións, cunha programación e actividades do máis atractivas, ademais de varios eventos complementarios que inclúen cursos, exposicións ou diversas x

Como aperitivo da mostra, ás doce e media desta noite , levarase a cabo un espectáculo “jolfo” chamado “Life live is a paripé” na sala alternativa Son. Antes, ás dez e media, farase a lectura do pregón a cargo da actriz de Cangas, Mónica Caamaño e actuará o grupo sevillano “As Chirigóticas”.

A Mostra, certifica un ano máis a calidade do seu cartel coa participación das mellores compañías teatrais do territorio nacional e internacional. Mañá sábado arrinca coa compañía "Teatre Arca" de Barcelona coa interpratación da obra "La Décima caída del Imperio Romano". O "Teatro del Norte" coa obra "La Zapatera Prodigiosa", soberá ao escenario o domingo. A programación retómase o martes, seis de xullo con "Teatro del Norte" que porá en escea a obra "La Zapatera Prodigiosa", o mércores tócalle a quenda á compañía madrileña "Sala Triángulo" coa obra "Hamster". Os dous últimos días, xoves 9 e venres 10, actuarán o belga Elliot con “O Gladiator do Amor” e  "Clown Mimirichi Teatre de Kiev" de Ucrania con "Guerra de Papel", respectivamente.   

Segundo un dos organizadorers, Antón Lamapereira, darase cabida a todos os colectivos de cangas vencellados coa arte, danza e música para ofrecerlles unn espazo onde plasmar os seus traballos. Tamén terá oco a programación infantil. Representacións en sala e en rúa que conta cun público fiel que respaldan en cada edición a mostra.

A organización tamén quere implicar aos comerciantes e as institucións para acadar o seu respaldo. “A cultura forma parte do noso patrimonio e repercute económicamente na vila”, sinalou en Radiofusión Lamapereira.

Páxina Web da mostra www.mostrateatrocangas.org

Sociedade