Ángel Rueda: “Co festival de Cinema Periférico devolvemos á cidade o vello cárcere da Coruña”

Ángel Rueda: “Co festival de Cinema Periférico devolvemos á cidade o vello cárcere da Coruña”

01 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

"Desde o primeiro momento pensamos que o antigo cárcere debería ser a nosa sede", explicou en Radiofusiòn o director do S8 I Festival de Cinema Periférico, Ángel Rueda. A mostra, que se desenvolverá desde o xoves até o domingo, pretende “devolver á cidadanía un espazo de gran importancia histórica”. Porén, os organizadores do evento non só pretenden recuperar un lugar, senón tamén un xeito

O S8 do título do festival fai referencia ao Super 8, un formato que -segundo a organización do evento- “non recibiu nunca a atención que merece”. Ángel Rueda salientou que os 8 milímetros foron testemuña directa do noso pasado, pero tamén o medio para que cineasta dos presente e o futuro realicen as súas primeiras obras.

A mostra renderá homenaxe ao artista Iván Zulueta, contará coa presencia de Mark Rappaport, María Cañas e Bruce McClure, e terá unha sección dedicada ao audiovisual galego onde se poderán ver películas inéditas feitas en Galicia nos últimos 40 anos e proxeccións do arquivo histórico do país. Ademais, nesta primeira edición da mostra proxectarase en primicia a obra fílmica do último dos mestres do surrealismo, o pintor Eugenio Granell e farase unha retrospectiva de Ernesto Díaz Noriega, un autor que trocou o cine galego. Asemade, os novos creadores terán a oportunidade de abrir novas vías de difusión da súa obra no Observatorio, onde entrarán en contacto distribuidoras, galerías de arte ou responsables de centros de cultura.

Cultura