As ánimas desfilarán por Catabois

As ánimas desfilarán por Catabois

28 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os comerciantes e hostaleiros da estrada de Catabois devolverán a este barrio ferrolán o ambiente festivo propio dunha celebración tradicional como é o Samaín. A Asociación de Empresarios, Comerciantes e Hostaleiros de Catabois (E.C.HO Catabois), coa colaboración do Concello de Ferrol, ten preparado un programa de actividades e de concursos para a xornada do vindeiro luns, día 31, e dos que esta mañá deu conta o responsable da &Aacu

O programa de actos contempla a celebración de concursos de caracterización, de escaparates, de cabazas e de castañas. Para cada un destes certames haberá diferentes premios: Aos mellores disfraces, ao mellor escaparate, á cabaza máis orixinal, ao colar de castañas máis longo ou á mellor receita con castañas, entre outras distincións. Asemade, convidouse a participar nestes concursos ao centro de ensino de Juan de Lángara e ao CEIP Catabois, e os grupos escolares que participen tamén terán os premios.

Tamén haberá dúas mesas preparadas pola organización -unha no cruce da estrada de Catabois coa rúa Independencia e outra na esquina deste viario coas vivendas sindicais de San Pablo- nas que se exporán as cabazas, colares e pratos de castañas para elixir aos gañadores. Nestes dous puntos haberá estilistas que maquillarán ás persoas que así o desexen. Un dos aspectos máis orixinais deste festexo é que para os premios creouse unha moeda propia de Catabois chamada os “cateleuros”, cos que soamente se poderá mercar nas tendas asociadas a E.C.HO Catabois. A equivalencia é a de 1 cataleuro = 1 euro.

Os gañadores destes certames se darán a coñecer arredor das 22:30 horas, nun palco montado para a ocasión que quedará deste xeito inaugurado coa denominación de “Palco das Ánimas”. Os premios fallaránse despois dun divertido e “terrorífico” pasarrúas: “A volta das Ánimas”. Tres carrozas ornamentadas para a ocasión , con animación teatral e música, percorrerán dende as 20:00 horas a estrada de Catabois dende a rotonda do Marcide até a praza de Canido. Deste xeito, o ambiente festivo será o protagonista deste primeiro Samaín que organizan os negocios situados neste contorno da cidade.Unha celebración á que se suma tamén os hostaleiros, xa que unha vintena de bares, mesóns e restaurantes que son socios de E.C.HO. Catabois ofrecerán ós seus clientes unha degustación gastronómica acorde coa celebración, e así haberá nos menús pratos como “chourizos do inferno”, “difundo de langostino” ou “pote de conxuro do mar”, entre outros nomes orixinais pensados para este evento.

Sociedade