Ánimo e confianza

Ánimo e confianza
03 de Febreiro, 2020 - 11:49 h. | Publicada por Radio Fene

O Cultural Maniños recuperou ánimo e confianza tras vencer na sétima xornada da Segunda Galicia de fútbol: Maniños 1 – 0 Numancia. Gol de Jose Angel Fernández no minuto 51.

ESCOITA O PODCAST:
Cultural Maniños

O Maniños non xerou tantas ocasións de gol como noutros partidos. Non houbo fluidez no balón, para o adestrador Pablo Mesa. “Despois da derrota en Perlío, percibín certa depresión no ambiente. Ademais por problemas laborais e físicos, non puidemos traballar ben pola semana e iso nótase o domingo, aínda que fixemos un partido serio”.

Deportes

Publica o teu comentario agora