Ánxela Loureiro no Dia da Patria Galega

Ánxela Loureiro no Dia da Patria Galega
19 de Xullo, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O ciclo “Xullo, mes da Patria” concluirá en Fene o vindeiro sábado coa lectura da declaración institucional polo 25 de xullo, elaborada este ano pola escritora Ánxela Loureiro. Nada en Ferrol en 1956, Ánxela Loureiro  mestra e escritora galega de literatura infantil e xuvenil.

Cultiva diferentes xéneros literarios: teatro, novela, poesía e guión cinematográfico. Exerceu a docencia en colexios e institutos de Ferrol e o Centro de Formación e Recursos. O acto terá lugar o sábado 23 de xullo, ás 13 horas, no parque liñal do Río Cádavo, fronte ao monumento ao Día da Patria Galega.

Institucional

Publica o teu comentario agora