É interesante saber de onde ven un

É interesante saber de onde ven un
08 de Xuño, 2020 - 01:02 h. | Publicada por Radio Fene

O espazo Máis Memoria dos Servizos Sociais de Fene propón ás persoas participantes facer unha árbore xenealóxica das súas familias, ao longo desta semana.

ESCOITA O PODCAST:

A proposta é facer unha árbore xenealóxica cos nomes e apelidos , datas de nacemento e falecemento dos nosos antepasados. Esa é a proposta ou o reto lanzado polo psicólogo Jaime Lendoiro no programa Máis Memoria. Trátase de reunir as pólas familiares coa colaboración de toda a familia, nun folio ou cartolina que podemos poñer na parede. Un exercicio de memoria útil, colectivo e entretido. Polo demais participaron no programa dúas persoas cunha memoria envexable; Carlos Seco acertou axiña os nomes das canción propostas de Ana Kiro e Los Panchos. Justina Casariego non fallou nin unha resposta no rosco das palabras. E é que como di Lendoiro, “a memoria é un músculo que hai que exercitar, senón atrófiase”.

Institucional

Publica o teu comentario agora