É un trauma ver todo pechado

É un trauma ver todo pechado
20 de Marzo, 2020 - 11:36 h. | Publicada por Radio Fene

O CMI Unidade de Fene mantén as instalacións e as actividades pechadas e decidiu non cobrar o alugueiro do ambigú mentres dure a alerta.

ESCOITA O PODCAST:

“É un trauma ver as instalación do CMI pechadas pero hai que quedar na casiña e agardar” declara a presidenta do CMI Unidade de Fene, Paula Romero. Teatro, rondalla e todos os cursos pecharon pero quizás o peor é para a xente que xestiona o ambigú da sociedade. Ao non poder abrir, decidiron levar comida a domicilio ou para recoller alí.  O CMI non lle cobrará o alugueiro mentres dure esta situación, afirma Romero. A Paula Romero tocoulle facer teletraballo desde o luns pasado. “Faise raro estar na casa” pero conclúe que hai que adaptarse e sair adiante.

(Na imaxe, Paula Romero xunto a Miguel Anxo Fernán Bello, na entrega do Premio Pérez Parallé a Carlos Lixó)

Cultura

Publica o teu comentario agora