Época dura para o pequeno comercio

Época dura para o pequeno comercio
13 de Marzo, 2020 - 10:20 h. | Publicada por Radio Fene

Espérase unha época dura para o pequeno comercio, asegura Ramón Dominguez da Asociación de comerciantes O Cruceiro de Fene. Xa se empeza a notar menos xente nas rúas, nos comercios e nas tendas. Dominguez indica que o peor que lle pode pasar aos comerciantes é a incertidume. Somentes o sector da alimentación e as farmacias continuan coas vendas a pesar do coronavirus.

ESCOITA O PODCAST:

A concelleira de Promoción Económica Ana Basoa e Ramón Domínguez (O Cruceiro) valoran o Outlet celebrado en Fene o sábado 29 de febreiro do 2020

http://173.255.131.18/audio/130320BASOA.mp3

Ramón Dominguez (O Cruceiro) e Ana Basoa, concelleira de Promoción Económica de Fene

O comerciante de Fene expresa a súa confianza no persoal sanitario e científico que toma as decisións. De todos os xeitos expresa as súas dúbidas: “Se isto segue así, quizais fose mellor pechar todo o comercio e todas as actividades durante quince dias para frear a expansión da doenza”.

O Concello de Fene paralizou de momento a organización do Encontro de Palilleiras previsto en principio para o sábado 25 de abril. Xa estaba posta en marcha a maquinaria organizativa, pero houbo que parar diante da suspensión de actividades a raíz do coronavirus.

Valoración positiva do outlet
A concelleira de Promoción Económica Ana Basoa amosouse moi satisfeita do resultado do Outlet celebrado o pasado sábado en Fene. O ente municipal adquiriu para o evento 15 haimas e 15 mesas con fundas. “O material poderase utilizar para outras citas e con dúas datas xa sae máis económico que optar polo aluguer".
 “Chegamos polos pelos,xa que se o outlet se planificara para unha semana máis tarde xa non poderíamos organizalo” manifestou Ramón Dominguez, da asociación de comerciantes O Cruceiro quen se amosou moi satisfeito polo nivel de vendas logrado: “O día axudou, visitaron Fene moitas persoas de fora e o resultado foi o mellor de todos os outlet celebrados ata o momento” concluíu o representante da entidade.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora