Éxito do cortexo cívico das Letras Galegas

Éxito do cortexo cívico das Letras Galegas
18 de Maio, 2023 - 08:29 h. | Publicada por Radio Fene

A banda de música Charamela abreu o roteiro literario que percorreu as rúas de Pontedeume no Dia das Letras Galegas. Unha das que disertou sobre literatura foi Emma Pedreira. Dirixiuse aos asistentes desde o balcón da que foi oficina de telégrafos da vila, onde traballou a escritora Xohana Torres. 

Dia das Letras Galegas 2023. Pontedeume

 

Carme Blanco, Anxo Angueira, Manuel Ferreiro, Miguel Anxo Seixas, María Barcala, Suso de Toro, Lois Dieguez e Claudio Rodriguez Fer tamén fixeron uso da palabra en diferentes puntos da vila, diante das máis de trescentas persoas asistentes. O Ateneo Eumés Fernán Martins organizou o roteiro literario coa colaboración do colectivo Terra e do Concello de Pontedeume. 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora