Últimas entradas para Touriñán e Carlos Blanco

Últimas entradas para Touriñán e Carlos Blanco
19 de Agosto, 2019 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Os actores e cómicos galegos Xosé Touriñán e Carlos Blanco abrirán a programación do Pazo da Cultura de Narón. Presentarán o espectáculo “Unha noite na praia”, unha obra escrita por Javier Veiga. Será  o venres 13, sábado 14 e domingo 15 de setembro. Só quedan entradas para a última función.

Touriñán na II Gala dos Medios en Galego

O mes de setembro contará en Narón tamén coa obra de teatro clásico “Viejo amigo Cicerón” co actor José María Pou. Jorge Drexler ofrecerá un concerto o sábado 12 de outubro. A música folk de Anxo Lorenzo, o 30 de novembro, e Xabier Noró e as Adufeiras do Salitre o 21 de decembro son outros espectáculos programados no Pazo da Cultura de Narón.

Cultura

Publica o teu comentario agora