Último capítulo de Lobos doentes

Último capítulo de Lobos doentes
14 de Marzo, 2023 - 07:26 h. | Publicada por Radiofusión

Chega ao seu fin "Lobos doentes" adaptación da novela homónima de Antonio Tizón, unha obra que mistura xénero negro e saúde mental. O episodio número oitenta e dous poderá oirse na sintonia de Radio Fene e de Radiofusión ás nove da noite. Permanecerá tamén nesta páxina web e divulgarase a través das redes sociais. 

ESCOITA O PODCAST:

Escoita aquí o derradeiro capítulo de Lobos Doentes: http://173.255.131.18/audio/140323LOBOS.mp3

Fotografía Antón Ramos

Son Radiofusión produciu o pódcast "Lobos doentes" en 2022 contando coa colaboración da Deputación de A Coruña. Máis de trinta actores e actrices profesionais e afeccionados participaron nos 82 capítulos nos que se dividiu a obra. A novela negra en forma de libro saíu do prelo neste 2023 da man de Edicións Xerais.

 

O podcast de "A matriarca. O caso de Ramiro Gallego” será a quinta e última entrega da serie Sánchez Pereiro, que está a producir Son Radiofusión durante os últimos anos, dende a publicación da primeira obra da pentaloxía, A antesala luminosa (Xerais, 2015). Unha pentaloxía de novela negra e saúde mental, conformada, ademais, por Un home estraño, VI Premio Internacional de Narración Curta Cidade Centenaria de Ribeira (Xerais, 2018), Os incurábeis (Xerais, 2020), Lobos doentes (Xerais, 2023), e  A matriarca, aínda en proceso de elaboración. Por primeira vez, Antonio Tizón, o autor, acometerá antes a escritura do podcast ca a da novela. Trátase, en definitiva, dun proxecto de cinco obras, escritas e publicadas como novelas e adaptadas despois á linguaxe radiofónica para adoptar o formato podcast, un caso inédito ata agora na historia da narrativa galega.

 

Fotografía: Antón Ramos

Cultura

Publica o teu comentario agora