Último pleno bronco en Fene

O PP afirma que foron catorce resolucións xudiciais as que lles deron a razón no caso da moción de censura
10 de Decembro, 2018 - 09:59 h. | Publicada por Radio Fene

O último pleno ordinario do concello de Fene foi bronco porque o PP e Somos Fene incluíron na orde do día as sentencias favorables a eles no que rodeou o pleno da moción de censura suspendido en outubro de 2017. Gumersindo Galego e Juventino Trigo discutiron airadamente sobre este asunto, descalificándose mutuamente.

ESCOITA O PODCAST:

O Concello de Fene investirá o fondo de continxencia cuantificado en 356.000 euros. Antes de fín de ano definiránse as actuacións concretas ás que se destinará este orzamento. Este asunto contou, na sesión plenaria ordinaria deste mes de decembro, co respaldo dos grupos do goberno e e a abstención do PSOE, BNG e EU. A concelleira de Facenda, Rocío Bértoa, propuxo o pago das facturas pendentes de anos anteriores (de electricidade maiormente) que estaban en "reparo suspensivo" por valor de 267.986 euros. Reiterou que o pago a proveedores está situado na actualidade en oito dias. O tema contou coa abstención de novo, dos grupos da oposición.

Autos xudiciais (na foto o pleno da moción de censura. Outubro 2017)

O alcalde de Fene abriu o pleno de decembro dando lectura ás resolucións dos autos arredor dos dereitos do grupo municipal de Somos Fene e á resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sobre a suspensión do pleno da moción de censura o 26 de outubro e 2017. Gumersindo Galego insistiu en que as costas do proceso xudiciais tenas que pagar agora o concello de Fene, baixo o que se presentaron as denuncias e os correspondentes recursos posteriores. Galego calificou de "delito" o que cometeron "a sabendas" e increpou directamente a Mª Carmen Martínez quen, xunto a Participación Democrática de Galicia, asinou os recursos.
O portavoz do BNG contestou que o gasto que vai supoñer ao concello pagar aos avogados é menor que o custo de convocar plenos extraordinarios por parte do PP e menos que as "dietas e comelladas" que fan. O voceiro do PSOE, Antón Noceda, puxo o acento en que dietas e comidas, ou plenos extraordinarios son necesarias para o funcionamento institucional, sempre que non haxa abuso. Rodríguez Bastida aclarou que o pior deste caso é que para frear a moción de censura se utilizou un escrito incerto do PDDG que chegou nesa mesma madrugada. A portavoz de EU, Mª Carmen Martínez, explicou que ela presentou a demanda xunto a PDDG porque así o decidiu o seu partido. O alcalde Gumersindo Galego insistiu en que, segundo di a sentencia, o BNG e EU vulneraron os dereitos do PP e Somos Fene. A portavoz popular, Rocío Bértoa, fixo un repaso cronolóxico de todo o sucedido, ata concluir nas "14 resolucións xudiciais que lle dixeron a Juventino Trigo que non tiña razón". "Con iso pisotearon os dereitos e dous concelleiros lexítimos" concluiu. Despois duns minutos de dimes e diretes entre Galego e Trigo, sobre quen pagou máis "irregularidades" nos respectivos gobernos, pechouse o acedo debate.

Publicidade en castelán.

O goberno presentou unha moción urxente desestimando dúas propostas sobre a ordenanza do cemiterio municipal. O 30 de novembro rematou o prazo de alegacións ás ordenanzas e o concello rexeita as suxerencias pesentadas. As ordenanzas entrarán en vigor o primeiro de xaneiro do 2019. Aprobouse cos votos do PP e Somos Fene. O BNG e EU votaron en contra e o PSOE abstívose, nos tres casos, por descoñecemento do contido das suxerencias presentadas. No apartado de rogos e preguntas, o BNG rogou orde no funcionamento do concello e preguntaron os nacionalistas por qué se escribiu en castelán o anuncio na prensa do acto da Constitución. A portavoz do PP, Rocío Bértoa, contestou que eles escriben en galego ou castelán "sen complexos". Antón Noceda rogoulle que o concello de Fene se manteña no marco de consenso de manifestarse en galego e respete a Lei de Normalización linguística. EU interesouse pola ausencia de actos municipais arredor do 25 de novembro, Día contra a violencia e xénero.

Institucional

Publica o teu comentario agora