‘Reckless . Carne de pedra’, o primeiro libro que se lanza ao mercado internacional en lingua galega

‘Reckless . Carne de pedra’, o primeiro libro que se lanza ao mercado internacional en lingua galega

20 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

As aventuras de dous personaxes que cometen o erro de cruzar o espello e descobren un mundo no que os contos máis tenebrosos se fan realidade, incluso o dunha fada que sementa carne de pedra. Un terrible maleficio converte a carne humana en pedra e Jacob, o irmán maior, terá que enfrontarse a numerosos perigos para lograr salvar a vida do seu irmán pequeno Will. Este é o punto de partida do último libro de Cornelia Funke ‘Reckless. Carne de pedra’. Con e

O último libro de Cornelia Funke xa está nas librarías. Apareceu simultaneamente a traducción da novela  en galego , inglés , francés , castelán , catalán e todos os idiomas que comparten o lanzamento global. A filóloga, traductora e reponsable das páxinas webs da escritora alemana, María Xesús Bello, realizou unha coidada traducción, o máis precisa posible. “Afasteime do fácil e plasmeino tal como escribe Cornelia” indicou esta mañá en Radiofusión.

Funke, considerada como unha das 100 persoas máis influintes e das máis lidas do mundo, atesoura grandes cifras de vendas. Segundo Bello “o seu éxito reside na súa lírica. Aínda que escribe para un lector infantil non o trata como parvo”. A novela aporta unha nova perpectiva da escritora xermana, con frases máis curtas e menor desenvolvemento das pasaxes pero coa mesma lírica, asegurou a traductora.

'Reckless. Carne de pedra' é o primeiro dunha triloxía que María Xesús Bello agarda traducir enteira. Esta primeira entrega será levada ao cine polo produtor e director Lionel Wigram, como xa fixo con Harry Potter e Sherlock Holmes. Bello sae ás críticas que afirman que a obra foi escrita para levala a pantalla. “O mesmo director sinalou que se fora así a autora non artellaría tantas esceas que implican millóns de euros”, subliñou. Estase xa a traballar na súa producción pero, polo momento xa podemos gozar plenamente coa súa lectura.

Cultura