“Águila Roja” (TVE, 22.15 h.)

“Águila Roja” (TVE, 22.15 h.)

18 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Invadidos como estamos por todas as franquías mundiais da alimentación rápida, chama a atención que haxa unha que non prospera neste recanto do planeta. Trátase do célebre Kentucky Fried Chicken retratado en innumerables películas e un verdadeiro mito da alimentación fugaz nos Estados Unidos e o Xapón. Ese fracaso será cousa de que por aquí só haberá un verdadeiro Rei do Polo Frito polos séculos dos sécu

Que ten que ver unha serie de espada e aventuras ambientada no século XVII español co Tocho Cheli? Pois resulta que sobre a analoxía entre a familia pobre dos cabalos e os vehículos a motor de dúas rodas sostense o cameo do episodio desta noite, no que o campión de motociclismo Jorge Lorenzo actúa interpretando a un piloto de época que non tiña rival nas carreiras de burros. Contra el competirá o escudeiro de Águila Roja en singular duelo que á televisión pública lle vale tamén para lembrar sibilinamente que ten os dereitos do mundial de motociclismo ao que pouco lle falta para principiar. As carreiras de velocidade previas ao motor de explosión animan o capítulo que se emite ás dez e cuarto en Televisión Española.

Sociedade