“É moi triste que a consellería de Educación desprecie a inauguración dunha biblioteca”

“É moi triste que a consellería de Educación desprecie a inauguración dunha biblioteca”

07 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Ë moi triste que a consellería de Educación non envie ningunha representación para a inaguración dunha biblioteca" afirma a responsable da biblioteca Paula Carballeira do Colexio Os Casais de Maniños (Fene A Coruña) Isabel Serantes. "E máis triste é que o conselleiro de Educación sí asista aos poucos dias a Ferrol a clausurar un certame de redacción en castelán organizado pola Coca Cola" conclue a p

"Toda a comunidade educativa quedou moi satisfeita do acto celebrado o pasado venres" indica a profesora. Os discursos dos rapaces e rapazas chamaron a atención do público. Serantes afirma que estaban traballados previamente.

A biblioteca presentou xa en maio o programa de  actividades para o próximo curso, onde non faltan as mochilas viaxeiras; as xornadas especiais sobre Violencia de xénero; a Paz ou a Candelaria, unha festa moi arraigada en Maniños. A Biblioteca dos Casais pretende, amáis de conter unha selección esmerada de libros,  ser un centro de recursos de todo tipo.

Neste momento Os Casais conta cunha plantilla de 13 mestres máis dous ambulantes que comparte co Ramo: un orientador e outro de Audición e Linguaxe. Un rumor ou unha información que non podemos dar por oficial porque non o é, fala de que o curso que ven se suprimirían tres prazas de mestres no centro de Maniños.

Sociedade