“A descuberta do patrimonio. Percorridos polas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal”

“A descuberta do patrimonio. Percorridos polas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal”

28 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

É o título dunha nova guía turístico-cultural que ven de editar a Sociedade Cultural Medulio. A publicación, coordenada por Iolanda Gomis, inclúe textos dos historiadores Josefina Sánchez e Andrés López, e fotografías de Ovidio Aldegunde.

En palabras de Iolanda Gomis, o que se pretende con esta guía é “achegar unha ollada fresca sobre a nosa historia”. É unha maneira de “ligar o turismo, o lecer e o interese polo pasado, coa posta en valor do noso patrimonio”. Neste senso, asegura a coordenadora do proxecto, o libro pode resultar interesante, non só para os turistas e xente que veña de fóra, senón para a propios veciños da comarca.

“A descuberta do patrimonio” plantexa un percorrido pola comarca dende unha perspectiva histórica. Nesta guía falase, por exemplo, da época castrexa, do medievo e os castelos, da ilustración e da emigración, pero tamén do patrimonio natural e os museos da bisbarra.

A guía foi distribuída entre os socios e socias de Medulio e, dende hai uns días, pódese atopar tamén en distintas librarías da zona como a Central Librera ou Quixote.

Sociedade