“A obsesión de Gustav Meyer” e “A decisión” , guións gañadores do Redondela en Curto

“A obsesión de Gustav Meyer” e “A decisión” , guións gañadores do Redondela en Curto

07 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Este apartado era unha das novidades da V edición do certame que se vai desenvolver dende o 26 de abril ata o 3 de maio. Os dous gañadores do concurso, elixidos entre unha ducia de guións presentados, recibirán como premio o material audiovisual profesional e o acompañamento técnico necesario para rodar a curta e plasmar nunha cinta a idea que polo de agora só está en papel.

A obsesión de Gustav Meyer conta a historia dunha persoa condenada a vivir cargada de manías obsesivas. Na trama de “A decisión” atopámonos, segundo explicou o seu autor, Alvaro Conde “cunha historia de aventuras cun toque fantástico ambientado no ano 720 en terras asturianas”.

Os guionistas, ámbolos dous de Redondela, deberán gravar a curtametraxe nun prazo de dous días e o resultado final proxectarase na clausura do festival.

Cultura