“21 días fumando porros” (Cuatro, 23.30 h.)

“21 días fumando porros” (Cuatro, 23.30 h.)

27 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Un amigo e máis eu, algunha vez que outra, cando nos xuntamos, recordamos a primeira vez que escoitamos falar da marihuana. Estabamos xogando un partido de baloncesto e nun banco, un pequeno matón xuvenil ordenáballe a un colega, en perfecto dialecto koruño, “neeeeno, cúrrate un joint”. Nós, cándidos e inexpertos aínda tardamos un tempo en descubr

A xornalista cobaia achegarase á revelación de contemplar ao deus rastafari mediante unha dieta intensiva de inhalación de fume de marihuana que, segundo anuncian, lle provocará de todo agás o crecemento de rastas. No camiño, entrevistarase con expertos no tema, con defensores do consumo medicinal da planta, con cultivadores e mesmo viaxará a Amsterdam, gran capital europea do fumetas, o máis parecido a Xamaica que se pode atopar a este lado do océano. Coa experiencia inmersiva, Samanta Villar, quere ofrecer argumentos claros sobre a posible despenalización do consumo de grelos (e xa van uns cantos sinónimos de argot que emprego). O curioso será que despois de “21 días fumando porros”, que así se chama a reportaxe, ela envolta nunha estimulante nebulosa, se cadra vai a ser a que menos se decate dos resultados da súa investigación. Veremos se non lle dá a risa durante algunha das entrevistas desta aventura porreira que Cuatro emite ás once e media da noite.

Sociedade