“Alalá” (TVG, 21.30 h.)

“Alalá” (TVG, 21.30 h.)

09 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Tras unha inmersión breve onte pola noite na “Generación Ni-Ni” de La Sexta, e aínda algo espantado pensando se a adolescencia realmente era iso e preferindo crer –aínda que sexa peor para todos- que a imbecilidade é cousa de cadaquén e non de faixas de idade, estou disposto a facer tratamento de choque esta noite. A televisión, como pasa co cine, a música e tantas outras cousas, é un mundo que tende ao xuvenil, porque na mocid

O programa que rescata cantarelas ao tempo que fai crónica de vidas particulares viaxa esta noite ata a casa de Manuel Gende, un home que foi navalla suíza do mercado laboral: afiador, xornaleiro, barbeiro, cesteiro, paraugueiro, albanel e mesmo de enterrador traballou ata a súa xubilación. O que lle superou a idade do emprego remunerado foi a afección pola gaita, que toca en compaña dos seus fillos. Pola morriña deles explica que retornou a Cerceda dende a emigración e escolleu facer fortuna en forma de amizades entre os seus veciños. A todos púxoos a bailar ao son dos temas do cuarteto Os de Queixa, uns improbables protagonistas do prime-time, pero que asoman entoando o “Alalá” ás nove e media da noite na Televisión de Galicia.

Sociedade