“Así nos ven”, resolve Méndez Ferrín sobre as declaracións de Rosa Díez

“Así nos ven”, resolve Méndez Ferrín sobre as declaracións de Rosa Díez

25 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

As declaracións que realizaba a líder de UPyD, Rosa Díez, nunha entrevista televisada o pasado martes pola noite e nas que se refería a José Luis Rodríguez Zapatero e Mariano Rajoy como “galegos no sentido pexorativo da palabra”, seguen a dar que falar. A deputada asegurou hoxe que empregou a palabra de xeito “coloquial” e que “non pretendía ofender a ninguén”, malia que a usou para criticar ao presidente do Goberno.

A Academia non pensa adoptar ningunha iniciativa concreta contra as declaracións, como tampouco a Xunta. O seu titular, Alberto Núñez Feijóo, cualificou as opinións de Díez como “unha falta de respecto” e afirmou que "non ofende quen quere, senón quen pode".

Dende o grupo do PPdeG no Parlamento preparan propostas para esixir unha rectificación inmediata por parte da líder de UPyD. Os socialistas agardan a que Rosa Díez se desculpe por iniciativa propia antes de tomar mediads, explicou o secretario de Organización, Pablo García. O BNG xa presentou unha iniciativa parlamentaria para que a Secretaría Xeral de Política Lingüística actúe co obxectivo de corrixir o desprezo contra a condición galega mediante un uso perverso da linguaxe.

Sociedade