“Buenafuente: Salman Rushdie” (La Sexta, 22 h.)

“Buenafuente: Salman Rushdie” (La Sexta, 22 h.)

01 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Canda o millonario de El Terrat sentarase Salman Rushdie, un escritor británico que saltou á fama no ano 1989 pola publicación de “Os versos satánicos”, un texto considerado herético polo ayatolá Homeini, que lanzou unha “fatwa” sobre el. No dereito islámico, “fatwa” é algo así como chamarte apestado e equivale a que o máximo líder relixioso conmine a todos os discípulos de ben de Alá a pasarche o pescozo pola cimitarra a menor ocasión. Como para facer coñitas sobre o particular está a cousa. Agardemos, xa que logo, a ver se Buenafuente se atreve a sacar a mordacidade habitual a partir da medianoite na Sexta e é a capaz de recibir a Rushdie con aquel gran éxito de Siniestro Total, “Ayatola, no me toques la pirola”.

Cultura