“Buenafuente/En noches como ésta: David Bisbal” (La Sexta/TVE, 00 h.)

“Buenafuente/En noches como ésta: David Bisbal” (La Sexta/TVE, 00 h.)

15 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

“Uns chegaron moi cedo, outros chegaron moi tarde, só nós chegamos xusto no momento no que non había ninguén” é a tradución dunha célebre estrofa de Loquillo que resume marabillosamente o que de azar e intuición ten o éxito. O éxito comercial, e para isto non é preciso concursar con Lluis Bassat en “El Aprendiz”, non pasa necesariamente por ter o mellor dos produtos posibles, senón en ofrecer o m&aacu

Así as cousas, malia que os cantantes melódicos latinos agromen por xeración espontánea como os  pans e os peixes, consagrados Chayanne e Ricky Martin, case non quedaba oco para ninguén máis no universo dos homes capaces de facer alardes vogais ao tempo que bailan coreografías imposibles e lle chiscan o ollo ás mozas da primeira fila para que perdan o sentido. A porta íase pechar por saturación e, polo pequeno oco que quedaba pasou David Bisbal. Entrou un día antes que Bustamante e así lles vai: un vivindo en Miami e nas portadas do “¡Hola!” e o outro máis preto do radio de acción de San Vicente de la Barquera e do “¡Qué me dices!”. Así que de Bisbal sabiamos que ten o don de estar no lugar axeitado, pero o que non lle coñeciamos era o don da ubicuidade que demostrará esta noite.

A quíntupla reviravolta centrifugadora que pon os rizos a xirar como a barraca das cadeas das festas da miña vila ten un segredo: permítelle a teletransportación a David Bisbal, quen se fará baile e carne simultaneamente en dous programas pasada a medianoite. Dende as doce falará con Buenafuente en La Sexta para presentar o seu novo disco “Sin mirar atrás” e habémolo ver rindo e soltando esas couces aéreas que o fan figurar na lista de posibles relevos de Jean Claude Van Damme para cando este pida a xubilación. Ao cabo duns minutos xirará sobre si mesmo e trasladarase a través do espazo e o tempo ata “En noche como ésta”, o programa de entrevistas de Juan Ramón Lucas que principia tan só un cuarto de hora despois en Televisión Española. Que era un ídolo de masas, sabiámolo, pero tras asistir a esta exhibición de ubicuidade, o próximo que haberá que pedirlle a Bisbal é que baile o “Ave María” sobre as augas.

Sociedade