“Cómpre interiorizar a cultura da transparencia, o dereito cidadán a saber”

“Cómpre interiorizar a cultura da transparencia, o dereito cidadán a saber”

26 de Decembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Algunhas das macrocausas xudiciais abertas arestora nos xulgados galegos teñen a ver con supostas prácticas irregulares en procedementos de contratación, con sospeitas de prevaricación ou tráfico de influencias en procedementos habituais nas administracións locais ou provinciais. Diante desta situación, cabe preguntarse se este tipo de situacións se poderían ter evitado cun cumprimento apropiado dos mandatos de transparencia na

Só 53 dos 314 concellos de Galicia responderon a enquisa que lles remitiu a Red Localis para preguntarlles arredor de 15 aspectos relacionados coa nova Lei de Transparencia que entrou en vigor para os municipios o 10 de decembro. Campos revela que, de media, as administracións locais ficaron “lonxe” de aprobar, e só aproban nun dos aspectos consultados, “o relativo á información de ordenanza xurídica, isto é, ofrecer a través da web do concello información das normas e ordenanzas”. Mais a co directora da rede xustifica que a maioría de concellos, polo seu pequeno tamaño, “teñen máis dificultade para abordar os retos asociados á transparencia”. Por exemplo, fáltanlles medios para contar con “persoal especializado que poida atender as demandas cidadáns”. Así, reclama que nesta materia se poida “regular de xeito distinto en función do tamaño das administracións, porque non poden ser os mesmos os límites dun contrato menor de obra para un concello como Mondariz-Balneario que para o Ministerio de Defensa”.

Explica Concepción Campos que cómpre “unha transformación cultural, interiorizar a cultura da transparencia, do dereito a saber dos cidadáns e cidadáns”. Para logralo hai que traballar no “empoderamento e capacitación da sociedade civil, porque se non saben que poden preguntar, non preguntan”. Do mesmo xeito, a Red Localis chama a loitar contra a transapariencia, algo que practican aquelas administracións que, facilitando algúns datos á cidadanía, en realidade ocúltanlle toda a información da que dispoñen, ou que, cando entregan os datos requiridos, preséntanos “de forma complexa” ou cunha “linguaxe pouco amigable”.

O informe da Red Localis pódese descargar e consultar de balde na web www.redlocalis.com.

Institucional