“Camposanto”, unha curta experimental sobre a cultura da morte en Galicia

“Camposanto”, unha curta experimental sobre a cultura da morte en Galicia

28 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Coincidindo coa celebración da festividade de Todos os Santos, o vindeiro domingo estréase na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester (20h.) de Ferrol (A Coruña)  a nova producción do realizador Pablo Portero. Trátase dunha curtametraxe na que se propón un percorrido pola xeografía galega a través dos cemiterios, das construccións relacionadas coa morte, das xentes e os ritos, nunhas xornadas tan especiais como Defuntos e Todos os Sant

“Camposanto” é unha curtametraxe carente de artificios, a medio camiño entre o xénero documental e o experimental. O propio Pablo Portero cualifica este traballo como “arriscado”, pola súa linguaxe narrativa, “sen palabras nin voz en off” e únicamente empregando a música (do grupo 6PM) e as imaxes dos camposantos como fío conductor.

Nesta curta, o realizador ferrolán achegase a unha vintena de cemiterios, entre os que se inclúen os de Ferrol, San Andrés de Teixido, Muxía, A Coruña, Vilalba, Lugo ou Verín, procurando distintas maneiras de concebir a morte e a lembranza aos finados. A grabación realizouse o ano pasado, en plena conmemoración das festividades de Todos os Santos e Defuntos.

Cinco anos leva Pablo Portero vencellado ao mundo do audiovisual. Na actualidade traballa como guionista, script doctor e programador, ademais de exercer como profesor de guión e de narrativa audiovisual.

Sociedade