“Comando Actualidad: Cómo hemos cambiado” (TVE, 22 h.)

“Comando Actualidad: Cómo hemos cambiado” (TVE, 22 h.)

22 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Das persoas dise que somos animais de costumes, que tropezamos dúas veces na mesma pedra e que somos testáns como mulas. Pero coido que Groucho Marx, filósofo do absurdo, sabía máis da verdadeira condición humana que o refraneiro popular, e a el lle debemos a frase que mellor nos sintetiza: “estes son os meus principios, pero se non lle gustan teño outros”. Porque o certo é que somos cambian

Os datos sinalas que case o 44 por cento dos españois mudaron de costumes no último ano e reduciron o seu gasto. Para desesperación das marcas, acabámoslle de atopar o atractivo e toda a credibilidade do mundo ás marcas brancas do supermercado, así que mesmo as cadeas de televisión están a facer campaña para animarnos a consumir os produtos de sempre para que eles non lles encolla o ingreso por publicidade. Tamén se fala de que o 18 por cento dos que traballan e comen fóra da casa trocaron o menú do día polo tupperware ou o menú de comida rápida, aumentando o número de empresas que instalan microondas para que os empregados quenten a comida. E as mulleres resulta que xa non van á perruquería e fan xuntanzas para tinguirse o pelo as unhas ás outras. Estes datos estrafalarios e outros ofrécense en “Cómo hemos cambiado”, a reportaxe de “Comando Actualidad” que a canle pública estatal emite ás dez da noite.

Sociedade