A “Cuarta potencia” de The Homens escoitarase no Pub Gatos de Melide

A “Cuarta potencia” de The Homens escoitarase no Pub Gatos de Melide

04 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Os composteláns The Homens presentan este venres 7 de maio, no Pub Gatos de Melide, o seu novo álbum Cuarta Potencia. O concerto dará comezo á unha da madrugada, pero a banda non estará soa xa que tamén subirán ao escenario outros santiagueses, Desbrozadora.

Cuarta Potencia é un disco con 12 temas rabiosos e con gusto polas melodías. Para gravalo, The Homens volveron a Cataluña, aos Estudios Ultramarinos Costa Brava dos irmáns Santi e Víctor García, onde xa gravaran o seu anterior álbum, Tres. Non mudaron de estudio de gravación, pero si de discográfica. Apostaron por quedar na casa, en Santiago, cun selo xa veterano, Lixo Urbano.

Cultura