“Curso del 63” (Antena 3, 22 h.)

“Curso del 63” (Antena 3, 22 h.)

06 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Como será isto da crise que soben os bancos ás mesas. Se durante décadas ou séculos era a mocidade a que se rebelaba contra os seus maiores, agora resulta que a comunidade adulta detectou un inimigo común contra o que cómpre cargar. Na fuxida cara adiante característica dos que fican sen ideas e prefiren descargar responsabilidades en troques de asumilas, a xeración no poder decidiu, dacabalo do botellón, que a semente do colapso do modelo liber

“Curso del 63” é unha aula de 20 mozos e mozas, maiores de idade, que estudarán baixo a supervisión das cámaras de televisión e do catecismo escolar do tardofranquismo, exercendo de cobaias para un exercicio de nostalxia da audiencia composta polos seus pais, os mesmos que hai uns anos fixeron da reedición da Enciclopedia Álvarez un best-seller. Uniformes, ton severo, golpes coa regra nas mans se fose mester, e todo canto aturaron as elites de hoxe deberán vivilo os seus desaforados fillos adolescentes para que aprendan como se forman as persoas de ben.

Cabe pensar que, ademais de divertidos polo recordo dos seus tempos de escola, haberaos que gocen coa visión do programa convencidos de que aqueles eran tempos e de que falta fai mano dura. E o adolescente, sinalado de partida como un elemento conflitivo que precisa dunha lección, continuará a ser o elemento expiatorio doutros que, agora que medraron e non saben levar o temón que lles toca, decidiron poñer as súas miserias no debe dos que aínda non puideron madurar. “Curso del 63” estréase ás dez da noite en Antena 3.

Sociedade