“Dime toda a verdade!”

“Dime toda a verdade!”

16 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A sinceridade é unha das características primordiais que buscamos á hora de establecer unha relación de parella. Esiximos sinceridade plena, total, que non existan segredos en cada membro da parella, pois consideramos que é o pilar básico nunha relación. Pero é beneficiosa sempre a sinceridade? Estamos realmente seguros/as de que queremos que nolo conten todo? Ou vale máis unha mentira piadosa a tempo?  Pode ser egoísta a sinceridade

O sincericidio, mestura de sinceridade e suicidio, pretende amosar como en ocasións o feito de contalo todo ocasiona conflitos maiores dos que nun principio tiñamos.  Ao contar coa sinceridade como un dos máximos valores da parella, esquecemos a propia individualidade de cada un dos membros. Pretendemos deste xeito librarnos de sentimentos de culpa propios por medio de determinadas confesións á parella, o que se coñece como egoísmo da sinceridade, segundo explicou en radiofusón Alfredo Saborido do “Centro Quérote”. 

Considéranse sincericidas todas aquelas confesións mediante as cales nos libramos de culpas, sen facer unha valoración previa dos efecto nocivos que a confesión pode implicar á relación.  Exemplo clarificadores sería dicir ao outro “cando facemos o amor eu penso na veciña do quinto”,  “mastúrbome pesando no veciño de arriba”, ... Qué pode pensar o destinatario desta mensaxe?. 

Coa sinceridade hai que sopesar os efectos nocivos que poida acarrear á relación. É probable que mantendo o segredo a relación funcione. Coas confesións aínda que non sexan do agrado do outro, agardamos que se nos redima por ter sido sinceros/as. 

Ese valor da sinceridade xira fundamentalmente en torno á fidelidade, xa que establecemos as nosas relacións de parella en torno a toda unha serie de normas sociais. Hai que negociar e non impoñer normas á hora de medir os actos infieis. Non podemos establecer baremos diferentes entre as dúas partes da parella. 

Sociedade