“El cirujano” (Cuatro, 23.10 h.)

“El cirujano” (Cuatro, 23.10 h.)

02 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Eu mírome ao espello e non teño queixa. Non direi como a canción que me doe a cara de ser tan guapo, pero diante do meu reflexo entendo perfectamente por que afogou Narciso. Os que me coñezan dirán que ou teño o ego demasiado subido ou aumentáronme as dioptrías da miopía, pero a cousa no meu caso ten máis que ver co conformismo e a idea de que, posto a convivir co que me tocou, mellor aprecialo. Se a faciana é o espello da alma, co

“El cirujano: historia de un milagro” é unha reportaxe que relata todo canto rodeou ao primeiro transplante de cara na historia de España, se cadra o máis complexo do mundo porque incluíu tamén a colocación dunha lingua e unha mandíbula.  Será o primeiro nunha serie de espazos dedicados ao maxisterio co bisturí e que contará coa testemuña do artífice do meigallo, o cirurxián Pedro Cavadas, algo así como un gurú do quirófano. A operación, até agora aplicada a xente que padeceu graves accidentes que a desfiguraron, é dunha complexidade maiúscula e conta cun postoperatorio psicolóxico complexo no que quen abre os ollos debe encaixar o rostro que ve no espello coa autoimaxe que posuía. O asunto, que eu lembre, xa o tratou John Woo no cine nunha delirante cinta de acción con John Travolta e Nicholas Cage titulada “Cara a cara” e na que heroe e vilán intercambiaban os rostros. Delirante é pouco cualificativo para aquel show de intercambio de caras, pero non menos ciencia-ficción hai na operación que se relata esta noite en Cuatro (espero que con pouco detalle, por aquilo de aguantar a cea no seu sitio) en “El cirujano” a partir das once e dez da noite.

Sociedade