“El Hormiguero: Jonas Brothers” (Cuatro, 21.30 h.)

“El Hormiguero: Jonas Brothers” (Cuatro, 21.30 h.)

19 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Nas últimas semanas, por “El Hormiguero” desfilaron Hugo Silva, Tokio Hotel e, esta noite, os Jonas Brothers. Deste elenco podemos interpretar dúas leccións: ou ben a xefa de produción do programa máis exitoso de Cuatro é unha rapaza adolescente que colma a súa libido convidando ás celebridades con cuxos pósters decora as paredes da habitación, ou simplemente a persoa responsable de seleccionar os convidados sabe ben do gusto

A min os Jonas Brothers danme algo de medo. Cousa similar xa me acontecía cos Hanson, outro trío de irmáns músicos, aqueles de loiras melenas que foron confundidos con nenas ata que non medraron o suficiente. Como no filme aquel con Christopher Reeve de “El pueblo de los malditos”, teño a impresión de que estes raparigos comparten unha conciencia colectiva e actúan como zombis cun propósito invasor ditado por un plan superior que nos excede. Dos Jonas, de seguro criados para o éxito mundial por unha familia benpensante, arrepíame esa corrección política de produto Disney e ese non saírse do guión para non recibir o rapapolvo de Mickey Mouse. E toda esa capacidade de impostar o rocanrol e plaxiar actitudes descastadas coa frialdade dun bo estudante de colexio privado.

No seu paso primeiro por “El Hormiguero”, a Pablo Motos ocorréuselle preguntarlles polos seus aneis da castidade, cos que se comprometían a resistir ao pecado da carne malia os millóns de fans que desexaban os seus corpos púberes. Os tres irmáns, cambiaron o sorriso profidén por unha mirada severa e reprobatoria pola cuestión. Agora que un deles casou, se cadra Motos ten a ben pedirlle información da noite de vodas. Os Jonas Brothers presentan novo disco en Cuatro esta noite ás nove e media.

Sociedade