“Especial Plácido Domingo” (La 2, 21 h.)

“Especial Plácido Domingo” (La 2, 21 h.)

21 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Despois de Carmiña Burana, por cuxa actuación aínda agardamos -a ver se para cando estean rematados todos os edificios da Cidade da Cultura-, a voz máis famosa do bel canto ten que ser a do artista con nome máis relaxante que se teña coñecido. Erguerse da cama ao mediodía, pasar a xornada en pixama, estomballarse no sofá escoitando os partidos de fútbol, ler un libro na sobremesa, un bandullo grande con barba e unha voz profunda que fai r

Todos recordamos a Pavarotti, o máis popular dos cantantes operísticos, gravando un disco tras outro con artistas populares e con resultados diversos. Podemos rescatar aquel “Miss Sarajevo” con U2 pero preferimos esquecer outras colaboracións. Alguén que quere ben a Plácido Domingo debeu pensar que posto a agasallalo cun concerto en máxima audiencia na televisión pública para celebrar a súa septuaxenaria traxectoria, mellor restrinxilo a xente do oficio e evitarlle ter que facer un Raphael, isto é, cantar canda Bisbal, El Canto del Loco e canto líder adolescente se lle veña á cabeza aos produtores do show. Unha gala dende o Teatro Real de Madrid presidida polos Reis e unha entrevista en profundidade feita por Iñaki Gabilondo conforman a homenaxe oficial para un home cun peito que se fose soprar as velas das súa tarta sería capaz tamén de apagar as bombillas. O Especial Plácido Domingo emítese a partir das 9 en La 2.

Cultura