“Estamos no mellor momento da temporada”

“Estamos no mellor momento da temporada”

22 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Faltan 6 partidos, 18 potenciais puntos e o Perlío atópase a seis puntos do seu directo perseguidor, o Cultural Maniños. O míster Tito Dopico foi, por primeira vez esta temporada, definidor da situación. Dopico sempre é precavido, discreto e moi prudente á hora de facer declaracións aos medios de comunicación. Nunca vende a pel do oso antes de cazalo pero onte permitiuse unha licencia. O adestrador do Perlío afirmou que o seu equipo esta

Onte o campo de Os Pinares comezou a encherse. Dous factores inciden nesta nova situación. O novo campo de fútbol e a situación do primeiro equipo. Onte o conxunto fenés xogaba co Cedeira e venceu por n-ésima vez. Os locais leváronse o partido por 3 a 0. Comezou marcando Camilo no minuto 19 de partido tralo remate de testa. Con esta vítoria pola mínima chegouse ao descanso. Na segunda metade Ramón no minuto 15 e de novo Camilo no 25 sentenciaron o partido.

Deportes